Se cres que podes estar en risco de suicidio…

Se sentes que estás en risco ou se xa realizaches un intento de suicidio, aquí tes algunhas recomendacións sobre como poderías actuar:

1. Acorda unha cita cun profesional de saúde mental: psicoloxía ou psiquiatría

Se non sabes a onde ir, podes pedir axuda a familiares ou amizades para que che axuden a xestionar unha cita ou che aconsellen a quen acudir.

2. Pide información

É importante coñecer que che está pasando, os riscos, as consecuencias e como facerlles fronte.

3. Busca recursos e asociacións

As asociacións da túa contorna poden orientarche e darche apoio para coñecer os recursos aos que podes acceder.

4. Fala cunha persoa da túa confianza, amigo ou familiar

Non sintas vergoña e comunícalle o que che sucede; poderás compartir a túa angustia e sentirás o seu apoio. Se falas con alguén e sentes que non che entende, recorre a outras persoas.

5. Se che resulta de utilidade, crea un Plan de Seguridade coa axuda dun profesional

Isto serve para reducir o risco doutro intento e podes compartilo con familiares ou amizades de confianza.

A %d blogueros les gusta esto: