A prevención do suicidio non só está en mans dos profesionais da psiquiatría, senón que todos podemos facer algo para visibilizar esta situación e previr posibles casos. As investigacións máis recentes sinalan que a prevención do suicidio, aínda que é posible, comprende unha serie de actividades que van desde a educación na infancia e na mocidade ata o tratamento eficaz dos trastornos mentais, incluíndo o control ambiental dos factores de risco e unha difusión apropiada da información.
Aquí dámosche algunhas claves sobre como podes actuar se te atopas nesta situación ou tes un caso próximo: