Cada ano, arredor de 800.000 persoas quítanse a vida en todo o mundo e moitas máis tentan facelo. Segundo o INE, no ano 2020 houbo 3.941 suicidios en España, dos cales o 74% foron homes e o 26% mulleres.
Aínda que o maior número de suicidios prodúcese entre os 30 e 40 anos, a maior taxa de suicidio dáse na franxa dos 65 aos 90. O risco de suicidio aumenta coa idade, especialmente nos homes. Con todo, non debemos desatender o problema na etapa moza: segundo a OMS, o suicidio é a segunda causa principal de defunción entre as persoas de 15 a 29 anos en todo o mundo.


Galicia, lamentablemente, está no máis alto da clasificación de suicidios de España, ocupando a segunda posición en taxa de suicidios tras Asturias. Segundo o IMELGA, no ano 2020 morreron 307 persoas por suicidio en Galicia, cunha taxa de 13,11 suicidios por cada 100.000 habitantes, fronte ao 7,79% nacional e o 11,93% europeo.
En termos absolutos, A Coruña é a provincia que máis suicidios rexistra (135), seguida de Pontevedra (98), Lugo (43) e Ourense (31). En termos relativos, a taxa de incidencia mostra que o suicidio tamén é máis relevante en A Coruña (17,16 suicidios por cada 100.000 habitantes), seguida de Lugo (12,47), Pontevedra (10,72) e Ourense (10,02).
FONTES DE DATOS:
Informe IMELGA 2020
Instituto Nacional de Estatística 2020