Como previr

A conduta suicida constitúe un problema multicausal, non ten unha explicación sinxela, e para poder axudar sempre debemos ter en conta diversos factores psicolóxicos, sociais, biolóxicos, culturais e ambientais. É importante poñer en valor o papel preventivo da familia e a contorna, debido a que son quen mellor poden detectar actitudes ou condutas non habituais na persoa.

Os factores de risco actúan de forma acumulativa: cuantos máis concorran nunha persoa, maior probabilidade de que presente unha conduta suicida. Con todo, cada persoa é distinta e non sempre se reacciona da mesma maneira ante os mesmos factores, polo que a importancia de cada factor dependerá sempre do contexto.

Comprender o contexto e en que situación se atopa a persoa con ideación suicida, así como coñecer á propia persoa, é fundamental para comprender e valorar o risco de suicidio. Por iso, a existencia ou carencia dos seguintes factores de risco ou de protección non significa necesariamente que a persoa vaia ou non vaia a cometer un suicidio.

Cales son os factores de risco?

Cales son os factores de protección?

Un plan en Galicia

A %d blogueros les gusta esto: